Evento: Atando cabos. Nós mariñeiros

Atando cabos. Nós mariñeiros
sábado, 6 agosto, 2022 - 12:00
Museo Massó,
Bueu

Atando cabos. Nós mariñeiros

Obradoiro práctico para aprender a facer os nós mariñeiros nunha actividade en familia organizada no Museo Massó.

Dirixido a nenas e nenos de oito a doce anos (acompañados), trátase dun obradoiro práctico de aprendizaxe de cinco nós mariñeiros básicos: Cote, As de Guía, Chan, Oito  e Ballestrinque.

Explicarase a súa orixe e aplicación, e elaborarase un pequeno cadro de nós. 

O obradoiro terá aproximadamente hora e media de duración.

A inscrición  e gratuíta e deberá realizarse chamando ao teléfono 886 151 101 ou a través do correo museo.masso@xunta.gal, enviando un nome e un teléfono de contacto.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación ao teatro
6 de xuño a 5 de setembro
Centro Social Liceo de Rianxo
Robópolis
1 de xullo a 31 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Campamento castrexo
1 de agosto a 12 de agosto
Museo do Castro de Viladonga
As tres erres (reduce, reutiliza e recicla)
8 de agosto a 12 de agosto
Museo Etnolóxico de Ribadavia