Evento: 4 segundos
4 segundos
4 segundos foi o tempo que lle levou a esa chea de ferros caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se converteron en minutos. Uns segundos que, nesta ocasión, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo diluíuse para deixar o protagonismo a un corpo áxil e resolutivo. Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e de autoconocimiento. 4 segundos lémbranos o animal que todos levamos dentro. Ese animal que, en ocasións, pode chegar a salvarnos a vida.
Sobre o escenario e no medio dunha néboa densa aparécensenos dúas figuras humanas. Ela tombada sobre el, no chan. Aos poucos ambos recuperan a súa vitalidade e con ela aparece o movemento. Con todo hai algo estraño nas súas miradas. Xa nunca volverán ser os mesmos. Acaban de vivir sen dúbida unha experiencia transcendental que lles cambiará a vida.



