Evento: LES GENS DU CHEMIN. PEREGRINACIÓN A SAINTES MARIES

  • LES GENS DU CHEMIN
  • LES GENS DU CHEMIN
LES GENS DU CHEMIN. PEREGRINACIÓN A SAINTES MARIES
venres, 2 xullo, 2021 a luns, 30 agosto, 2021
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

LES GENS DU CHEMIN. PEREGRINACIÓN A SAINTES MARIES

A exposición “Les Gens du chemin. Peregrinación a SaintesMaries” producida polo Museo das Peregrinacións e de Santiago con fotografías de Olga Seoane Paulus, chega ao Museo Etnolóxico.
Esta mostra recolle a tradición vinculada a localidade de SaintesMaries de la Mer, situada no delta do Ródano, onde cada ano acoden milleiros de peregrinos a render culto a santa María Salomé, santa María Xacobé e santa Sara.
Os rituais que teñen lugar así como o fervor dos asistentes, en boa medida xitanos de toda Europa e mesmo doutros continentes, supoñen unha riqueza cultural da tradición viva que incitou á autora a reunir durante cinco anos os materiais que conforman a exposición: auténticos documentos gráficos cheosde vida, colorido e devoción.
Segundo a tradición, algúns dos personaxes mais achegados a Cristo, fuxindo das persecucións de cristiáns fomentadas por Herodes Agripa en Terra Santa, toman un barco sen remos que o destino fai chegar ás costas meridionais da Galia. As diferentes versións apuntan a distintos pasaxeiros, pero todas coinciden en que viaxaban María Salomé, a nai de Santiago o Maior (Zebedeo) e de xoán; María Xacobé, nai de Santiago o Menor (Alfeo) ; e Sara, escrava ao servizo das anteriores. A morte das dúas Marías producirase nun breve intervalo de tempo e no lugar onde foron enterradas, San Trófimo, bispo de Arlés,levantaría cara o século XII e as peregrinacións xa bastante difundidas no século XIV.
De orixe palestina, africana ou da propia rexión da Camarga, Santa Sara é un dos personaxes máis enigmáticos e que deuorixe ás mais diversas lendas. A peregrinación xitana para honrar súa patroa convertese cada ano nun festival único, espiritual,vibrante e colorido, que reflexa a concepción da vida desta etnia e a súa condición orixinaria de pobo errante: LES GENS DUCHEMIN
A peregrinación a este santuario da Provenza non está á marxe da peregrinación a Santiago de Compostela, xa que da veciña cidade de Arlés fan partir algúns autores a Vía Tolosana, que asúa vez conectaría coa Vía Francíxena que conduce a Roma. Sen dúbida boa parte dos peregrinos xacobeos e romeiros simultarían as súas peregrinacións a Santiago de Compostela e a Roma con peregrinacións ao Santuario de Nôtre Dame de la Meren Saintes Maries de la Mer.
Como mostra desta peregrinación o Museo Etnolóxico expón unha selección de 14 imaxes do proxecto, amosando a necesaria adaptación dunha tradición para á súa continuidade no tempo.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura