Evento: Asalto ao Castelo de Vimianzo

Asalto ao Castelo de Vimianzo
sábado, 1 xullo, 2023 a domingo, 2 xullo, 2023
Vimianzo,
Vimianzo

Asalto ao Castelo de Vimianzo

Festa que recrea as Revoltas Irmandiñas que tiveron lugar en toda Galicia.

Na noite do primeiro sábado de xullo a vella fortaleza medieval de Vimianzo volve ser rodeada por miles de persoas dispostas a atacala. Trátase da festa do Asalto ao Castelo de Vimianzo, unha celebración única. 
Inspírase na Gran Guerra Irmandiña que comezou en 1467 en toda Galicia, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais.
A entidade organizadora é Cherinkas, co Concello de Vimianzo e Axvalso.
A representación teatral do Asalto, que se celebra na medianoite do sábado no medio de diferentes concertos musicais, adoita realizarse en clave de humor, surrealismo e retranca, e conta sempre coa participación activa do público. Os asistentes convértense en ‘asaltantes’ e comparten escena coa persoa guerreira, meiga, defensores e todos aqueles personaxes que se vaian creando para cada edición en historias diferentes. Estas personaxes guían os participantes co enorme ariete nun camiño iluminado polo lume dos fachos e ambientado co son dos tambores cara ao Castelo, onde se produce a toma simbólica deste .
Unha das actividades do Asalto que esperta máis interese é a Cea Medieval. Cun menú propio da época no venres previo ao Asalto. Celébrase no foso do Castelo.
O Asalto para nenas e nenos é o Asaltiño. Consta de tres fases in crescendo, desde a presentación teatral das inxustizas na praza do Concello, pasando pola feroz batalla de auga contra os señores feudais e concluíndo co clásico e máxico momento do ariete coa vitoria irmandiña.
As Irmandades Parroquiais consisten nun desfile formado por xente de todas as idades e reúne a veciñas e veciños de parroquias de toda a comarca histórica da Terra de Soneira., que avanzarán desde diferentes puntos até chegar ao centro da vila para asaltar o castelo pola noite e escoitar o pregón e izado da bandeira irmandiña desde o consistorio.
Diferentes establecementos hostaleiros da vila ofrecen durante toda a semana os famosos “Pinchos irmandiños”, petiscos que non poden levar ingredientes posteriores ao descubrimento de América e que se inspiran na gastronomía medieval.
A Feira de Artesanía, na contorna da praza do Concello, o día do sábado, serve como escaparate de artesáns locais e de toda Galicia e compleméntase coa oferta lúdica de actividades.

  • Vive o XXI Asalto ao Castelo de Vimianzo

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Feira Franca Medieval de Betanzos
7 de xullo a 9 de xullo
varios espazos
Xantar Viquingo – Romaría Vikinga 2023
5 de agosto
Carpa situada no recinto das Torres de Oeste
Festa da Rosa
2 de xuño a 18 de xuño
varios espazos
Festa do Boi
3 de xuño a 11 de xuño
Varios espacios