Evento: XI Encontro de Artistas Novos: #EAN11

XI Encontro de Artistas Novos: #EAN11
domingo, 22 agosto, 2021 a xoves, 26 agosto, 2021
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

XI Encontro de Artistas Novos: #EAN11

Encontro de artistas.

A Cidade da Cultura de Galicia converterase por undécimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.  Será no XI Encontro de Artistas Novos, #EAN11, que se celebrará do 22 ao 26 de agosto de 2021 na  Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor

O Encontro de Artistas Novos busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes galegos e procedentes doutros lugares, ademais de poñer en contacto aos participantes con outros axentes do sector como críticos, comisarios ou art followers. Cada un dos participantes do EAN11 realizará unha presentación pública centrada no seu traballo e proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. Ademais, como cada ano, o EAN traerá ao Gaiás a artistas e creadores cunha traxectoria reoñecible, como Marina Vargas, Eugenio Merino, Eva Díez e Abel Azcona para compartir as súas experiencias e reflexións ao redor da arte.

Como participar

O XI Encontro de Artistas Novos conta cun total de corenta prazas ás que poden optar profesionais nados entre 1986 e 2003 –ambos inclusive–, estudantes e licenciados en Belas Artes ou afíns, ou que demostrasen unha traxectoria ou proxecto artístico. Seguindo a senda iniciada no V EAN, dez das 40 prazas dispoñibles están abertas a artistas maiores de 35 anos, que deben reunir os mesmos requisitos que os demais candidatos. Con esta proposta, o EAN procurou formular un diálogo con artistas doutras xeracións nun proceso creativo aberto. 

A consecución dunha praza no EAN11 inclúe matrícula, estancia en réxime de pensión completa e transportes diarios desde Santiago ata a Cidade da Cultura. As persoas interesadas deben enviar a documentación requerida nas bases de participación ao enderezo electrónico encontro@cidadedacultura.org antes das 15:00 horas do venres 2 de xullo de 2021. A documentación, así como calquera consulta sobre o procedemento, debe tamén remitirse a: encontro@cidadedacultura.org.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2026
29 de maio
Casa da Cultura
Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo