Evento: A Corda

A Corda
xoves, 22 xullo, 2021 - 20:30
Cantón da Leña
, A Pobra do Caramiñal

A Corda

Espectáculo a cargo da compañía de Circo.

Como unha cometa sen fío, dende o humor e o circo, esta pallasa fala soa, contéstase, vai e vén porque non atopa o seu lugar. Acompañada pola súa fiel bañeira, a que a fai soñar e reafirmar, que os tolos, non son tan tolos. Que a loucura, cúrao!

Compañía de Circo, creada por Ana Cuervas López e Santiago Montero Fernández. Actualmente ambos compoñen a compañía diáspora revolucionaria galego arxentina A Vela Circo. Unha nova compañía de circo poético, metafórico que naceu no 2020 para crear os seus primeiros espectáculos: La Cuerda e El último que apague la luz. Un circo do absurdo, do caos e a poesía dos nosos tempos.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Al natural
1 de xaneiro
Playa de Cesantes
Cirkote
30 de xullo
Touro
O xouman
30 de xullo
Betanzos
Pakolas: Cores, contos e rock and roll
30 de xullo
Piñeiral da Madalena