Evento: Espectáculo 'Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias'

Espectáculo 'Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias'
xoves, 6 maio, 2021 - 20:00
Teatro Colón da Coruña,
A Coruña

Espectáculo 'Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias'

No marco da programación conmemorativa Letras Galegas 2021

O  espectáculo 'Jazzliza: a nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Afonso X a Xela Arias', apoiado pola Xunta de Galicia no marco da programación conmemorativa Letras Galegas 2021 canda outras institucións, celebrarase o vindeiro xoves 6 de maio, ás 20,00h., no Teatro Colón da Coruña.

A proposta combina jazz cunha ducia de textos senlleiros doutros tantos poetas galegos nunha panorámica histórica, baixo a dirección do pianista e compositor Alberto Conde, en colaboración coa Big Band do CMUS da Coruña, e con Silvia Alonso, Xurxo Fernández e Nilaila, Bea García, Carmen Rey, Diana Tarín e Xurxo Souto, entroutros artistas convidados.

O programa ofrece unha selección de textos cun significado destacado na nosa literatura, abarcando un arco temporal e un abano de actitudes expresivas, desde a Idade Media ata a contemporaneidade, incluíndo mostras da Xeración Nós e de poéticas ligadas á cidade da Coruña –Curros, Fernán-Vello, Ánxeles Penas–, mostrando unha multiplicidade de perspectivas nas que se proxecta, como nun calidoscopio, a sensibilidade colectiva.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Totally Tina
4 de maio
Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo
Agustín Durán- 20 anos de tontás
11 de maio
Sede Afundación A Coruña