Evento: O noroeste peninsular na época do Antigo Exipto

O noroeste peninsular na época do Antigo Exipto
sábado, 26 xuño, 2021 - 12:00
Evento online,
Santiago de Compostela

O noroeste peninsular na época do Antigo Exipto

Faladoiro dentro das actividades da exposición Faraón. Rei de Exipto.

Que estaba pasando no noroeste peninsular na era dos faraóns? Arqueólogos galegos e portugueses responden a esta pregunta nunha conversa en liña que busca tender pontes entre dous territorios ben diferentes, pero tamén con puntos en común.  

Obradoiros sobre papiros, xincanas de enigmas en formato escape room, faladoiros sobre arqueoloxía, conferencias ou visitas en liña compoñen o programa de actividades divulgativas e de lecer da exposición Faraón. Rei de Exipto, dirixidas a que todo o público poida tirar o máximo partido desta mostra que está a bater marcas de afluencia no Museo Gaiás.

Combínanse propostas divulgativas para achegar ao público xeral os contidos da exposición da man de especialistas na materia con outras máis lúdicas, dirixidas a un público familiar e concibidas para favorecer o tempo de lecer compartido entre persoas adultas e cativada.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

O MODERNISMO
23 de abril a 4 de xuño
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo
1 de abril a 30 de xuño
Museo Liste Vigo
Presentación libro
26 de abril
Biblioteca Pública de Ourense