Evento: Festival Resis 2021: Quinteto Schubert
Festival Resis 2021: Quinteto Schubert
O festival Resis é un festival internacional anual de música contemporánea e artes vivas que xorde da necesidade de crear na Coruña unha plataforma estable do trinque e difusión da música contemporánea. Esta cuarta edición celebrarase do 22 de abril ao 6 de xuño con 17 composicións e inclúese a colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia e a estrea en primicia de máis de 30 obras de artistas que son referentes internacionais.
A organización levará os concertos a diferentes lugares da cidade como a Fundación Luís Seoane, a igrexa das Capuchinas, casa museo Casares Quiroga, a sala de exposición Palexco, a Domus, o museo Muncyt, o Aquarium Finisterrae, o pazo municipal e o teatro Colón. A entrada ao festival é gratuíto aínda que deberán retirarse fisicamente a partir de 16 de abril en cada lugar que acolla o festival.
Ademais, na programación destacan concertos como Mikrokosmos, de Roberto Oliveira; Realidade, de Pulso Ensemble; Sólidos e Líquidos, do Grupo Ixor; o concerto para piano Telescope, coa intérprete Elisa Vázquez Doval, e Ombra Dei Suono, do Cuarteto Matrice con escenografía da artista Iria do Castelo. Pechará o festival o concerto Gran Torso coa estrea de Jalons no Teatro Colón.