Evento: Exposición 'Ons soa' | 16 MICE
Exposición 'Ons soa' | 16 MICE
Entre as actividades paralelas da 16ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego destacan o obradoiro práctico Da investigación á creación biográfica e a exposición 'Ons soa', comisariada pola arqueóloga e etnógrafa Paula Bellesteros-Arias a partir do seu traballo de campo na illa de Ons. Esta mostra, que recolle 19 fotografías e outros documentos audiovisuais, quedou inaugurada o 23 de marzo no Museo do Pobo Galego, onde se poderá visitar ata o 30 de maio.
Como parte desta iniciativa programouse o 25 de marzo a proxección da película 'Ons' (19.30h), de Alfonso Zarauza, xunto cunha conversa en liña (17.30h) na que participará Roberto Castiñeira, garda forestal do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Máis eventos de tipo Exposición