Evento: Do pracer e da morte
Do pracer e da morte
A obra é, en esencia, retablo cun algo de bosquiano, unha viaxe con ecos da praga, unha parábola con tinguiduras bíblicas e unha greta rabiosa na nosa existencia chea de anguías.
O espectáculo conforma unha radiografía con vocación universalizadora, da humanidade ante as dúas grandes ansias da súa existencia: a satisfacción das paixóns e a fraxilidade da vida.
Tomando como guía a estrutura do Xardín das Delicias do Bosco, inxectan nel, o Boccaccio do Decamerón cos seus claroscuros da peste e o amor. Atravesan as liñas do pracer, a desolación, o medo, a morte, a ausencia de certezas sólidas nun planeta que se acaba con outros seres igual de fráxiles e incompletos? Mentres os nosos corpos indagan nas dualidades gozo/ dor, fé/desesperanza, virtude/vicio a palabra transita por unha ponte que une referencias e elementos do últimos sete séculos coa nosa percepción actual do pracer e a morte.
Máis eventos de tipo Espectáculo