Evento: Exposición 'Imaxes de pedra' (Rosa Elvira)

  • Anunciación_Rosa Elvira
Exposición 'Imaxes de pedra' (Rosa Elvira)
xoves, 25 marzo, 2021 a luns, 31 maio, 2021
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

Exposición 'Imaxes de pedra' (Rosa Elvira)

Unha viaxe polo Camiño de Santiago a través dos detalles da monumental escultura románica

Rosa Elvira Caamaño Fernández (Bueu, 1954) proponnos unha viaxe polo Camiño de Santiago para que nos fixemos en detalles da monumental escultura románica. Ofrécenos unha escolma dalgunhas das pezas máis características de varios edificios da ruta do Apóstolo. A artista pasa polo seu prisma as diferentes lecturas históricas, teolóxicas e místicas destes elementos para favorecer así que o visitante vexa a influencia que tiveron nos movementos artísticos mais innovadores do século XX.

A súa particular sensibilidade artística queda plasmada igualmente nun Paraíso bíblico onde reina a beleza e a harmonía. Unha natureza bela que na que está presente Deus, uns hortus conclusus que non son senón verxeis puros e opostos a selvas e bosques caóticos e hostís. Compostela eríxese como a nova Xerusalén, a imaxe terrestre do Paraíso á que irían os que culminasen o Camiño.

Licenciada e doutora en Belas Artes pola Facultad de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e actualmente profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Rosa Elvira ten participado en numerosas exposicións nacionais e tamén internacionais, en países como Italia, Rusia e Polonia.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Porta Miña
1 de xaneiro
Porta Miña
Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia
8 de novembro a 31 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura