Evento: Sígname: contos para nenos e nenas xordas e oíntes

Sígname: contos para nenos e nenas xordas e oíntes
sábado, 17 abril, 2021 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Sígname: contos para nenos e nenas xordas e oíntes

Contacontos inclusivo a cargo de Fátima Fernández (narradora) e María Luisa Lombardero (intérprete)

Actividade pensada na igualdade de oportunidades que achega a Lingua de Signos Española ás nenas e nenos xordos e oíntes a través dunha contacontos con intérprete de Lingua de Signos. Baséase en contos interpretados nesta lingua e ao mesmo tempo narrados, para que pícaros e pícaras xordas e oíntes poidan participar xuntos.

Na sesión practicaranse signos relativos ás fórmulas de cortesía como: “Ola”, “Adeus”, “Bos días, boas tardes, boas noites” ou o xeito de presentarse e realizarase un obradoiro de aprendizaxe dos signos do vocabulario máis significativo do conto a través de xogos visuais e de participación.

No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester
quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana