Evento: Sígname: contos para nenos e nenas xordas e oíntes
Sígname: contos para nenos e nenas xordas e oíntes
Actividade pensada na igualdade de oportunidades que achega a Lingua de Signos Española ás nenas e nenos xordos e oíntes a través dunha contacontos con intérprete de Lingua de Signos. Baséase en contos interpretados nesta lingua e ao mesmo tempo narrados, para que pícaros e pícaras xordas e oíntes poidan participar xuntos.
Na sesión practicaranse signos relativos ás fórmulas de cortesía como: “Ola”, “Adeus”, “Bos días, boas tardes, boas noites” ou o xeito de presentarse e realizarase un obradoiro de aprendizaxe dos signos do vocabulario máis significativo do conto a través de xogos visuais e de participación.
No salón de actos da biblioteca. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.



