Evento: O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo

  •  Exposición sobre o Camiño Real do norte no Museo do Castro de Viladonga
  • Exposición sobre o Camiño Real do norte no Museo do Castro de Viladonga
  • Exposición sobre o Camiño Real do norte no Museo do Castro de Viladonga
O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo
xoves, 4 marzo, 2021 a martes, 30 novembro, 2021
Museo do Castro de Viladonga,
Castro de Rei

O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo

Percorrido por un itinerario pouco coñecido, co gallo da conmemoración do ano Xacobeo 2021

A exposición “O itinerario do Camiño Real do Norte. Do Castro de Viladonga a Lugo” estará aberta ao público dende o 4 de marzo ata o 30 de novembro.

O itinerario que foi rexistrado como Vía Rexia do Norte, transcorre pola costa norte, dende o Cantábrico, ao través das terras que conforman a cunca do río Eo, A Veiga do Eo e a vella ponte de Abres, ata a Ponte da Chanca (Lugo) onde se une co camiño primitivo.

O Museo do Castro de Viladonga con esta mostra pretende achegar ao público o patrimonio cultural e natural do tramo do trazado que vai do Castro de Viladonga (Castro de Rei) a Lugo. Esta parte do trazado supón, en apenas 30 kms. de suave percorrido, un paseo pola nosa longa historia dentro do marco incomparable da chaira lucense. Numerosos castros, vilas e minas romanas, antigas vereas, pontes e igrexas sucédense no espazo e no tempo para dar fe da importancia deste traxecto, convertido desde a antigüidade no nexo de unión entre o mundo cantábrico e a bimilenaria Lucus Augusti.

Con motivo da conmemoración do ano xacobeo 2021 elaborouse esta mostra, baseada nun traballo de escolma bibliográfica, investigación histórica e traballo de campo, que permitiu poñer en valor este trazado histórico, cun valor cultural e natural innegable e confirmar o que moitos dixeron antes ca nós: esta antiga calzada romana, usada desde época medieval como camiño de peregrinación e convertida en Camiño Real en época moderna merece, por historia e tradición, un recoñecemento que permita a súa conservación para as xeracións vindeiras.

A mostra componse de nove paneis que mostran o percorrido deste itinerario dende o Castro de Viladonga a Lugo. A exposición complementase cun audiovisual na que se fai un percorrido literario por este itinerario con poemas de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal.

Máis eventos de tipo Exposición

O Vello Cárcere da Guerra á Posguerra
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Serie Amarilla
1 de xaneiro
O Vello Cárcere
Arquivo Fotográfico Pacheco
1 de xaneiro
Casa das Artes