Evento: Club Audiovisual Feminista
Club Audiovisual Feminista
Unha proposta para explorar as narrativas cinematográficas, televisivas e dos formatos nados ao abeiro da revolución dixital desde a perspectiva de xénero, en colectivo e con mirada crítica.
As sesións celebraranse todos os mércores entre o 31 de marzo e o 5 de maio en horario de 16:30 a 19:00h. O programa de contidos, de 15h de duración, divídese en tres bloques temáticos:
BLOQUE 1:
Introdución
-Comunicación audiovisual e perspectiva de xénero.-Epistemoloxías feminista:. o test de Bechdel e outras metodoloxías de análise.
BLOQUE 2:
Análise fílmica e linguaxe audiovisual-Fundamentos técnicos de análise fílmica.-A narración en imaxe.-A representación dos xéneros: as mulleres nos medios audiovisuais.
BLOQUE 3:
Exercicios prácticosA modo de proxecto final, cada participante seleccionará unha secuencia dun filme, programa televisivo, webserie, videoclip ou calquera outra peza audiovisual para compartir e analizar entre todas
Máis eventos de tipo Espectáculo