Evento: Conversaciones en torno a la lectura de Ciencia
Conversaciones en torno a la lectura de Ciencia
Actividade organizada polo Colegio Oficial de Físicos co apoio da Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura y Deporte co obxectivo de promover a lectura de libros de divulgación científica entre o público xeral a través do encontro directo cos escritores.
A actividade consistirá en dúas partes: en primeiro lugar unha presentación xeral cunha mesa redonda cos tres autores e en segundo lugar, varias semanas despois, un club de lectura separadamente con cada un deles. Todos os encontros celebraranse en formato virtual, aínda que os clubs de lectura estarán asociados ás localidades onde inicialmente estaba previsto que fosen celebrarse de forma presencial.
O calendario da actividade é:
- 17 de febreiro ao 5 de marzo.- Inscrición na actividade
- 10 de marzo.- Xornada de presentación
- A partir do 11 de marzo.- Recollida de libros por parte dos participantes seleccionados (nas bibliotecas colaboradoras)
- Tempo de lectura
- 8 de abril.- Club de lectura con Jorge Mira
A inscrición tanto á xornada de presentación como a cada un dos clubs de lectura é gratuíta (maiores de 18 anos) e facilitarase o libro a 15 participantes de cada club, con preferencia para menores de 25 anos. O resto dos rexistrados poderán solicitar o libro para a súa lectura nas bibliotecas participantes ou adquirilo directamente nas editoriais ou a través de calquera librería tanto en formato papel como dixital.
Localización: Evento virtual, previa inscrición neste enlace
Data e hora: Xoves 8 de abril de 2021, 18:00 h
Duración: Aproximadamente hora e media
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso