Evento: Rosalía

Rosalía
mércores, 24 febreiro, 2021 - 18:00
Casa da Cultura
, Sada

Rosalía

Obra teatral da vida de Rosalía de Castro

ROSALÍA é moito máis que un achegamento teatral á vida e obra de Rosalía de Castro, é un espectáculo necesario. Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía únaa moza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por unha equipa de mulleres intensamente vinculadas ao teatro de palabras. 

María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero una das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que  cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde crecen as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

  • “Rosalía”, a primeira obra de teatro sobre a infancia da poeta galega

Máis eventos de tipo Espectáculo

Polo camiño quen ven?
4 de marzo
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Don Gaiferos
4 de marzo
Teatro Principal de Santiago de Compostela
Furia necesaria
4 de marzo
Capilla del Torrente Ballester
Aldaolado
4 de marzo
Capilla del Torrente Ballester