Evento: Asalto ó Castelo de Vimianzo

Asalto ó Castelo de Vimianzo
xoves, 1 xullo, 2021 a venres, 2 xullo, 2021
Castelo de Vimianzo
, Vimianzo

Asalto ó Castelo de Vimianzo

Feria popular.

O nacemento desta festa parte dunha asociación cultural chamada Axvalso (Asociación Xuvenil Val de Soneira) que decide conmemorar por vez primeira no ano 1985, as revoltas irmandiñas que tiveron lugar no castelo de Vimianzo durante os anos 1467-1469.

Representación teatral do asalto ó castelo e a celebración dun concerto étnico-folk.

A fortaleza conta cunha pranta poligonal, con catro torres, un patio de armas e outras dependencias. Está rodeada dun profundo foxo, conservándose as ameas en punta de diamante na torre de homenaxe e no paseo dun dos muros. Aténdose ás características das paredes calcúlase que esta edificación ten a súa orixe nos derradeiros anos do século XII ou principios do XIII.

 Actualmente pertence, dende 1973, á Deputación Provincial da Coruña.

 Dentro da fortaleza, na Sala da Deputación, está ubicado o Museo do Traxe Galego, cunha amplia exposición de vestimentas típicas da nosa rexión. O ente provincial publicou un libro titulado O Castelo de Vimianzo e os Moscoso de Altamira, obra de Xosé Mª Lema Suárez e Roberto Mouzo Lavandeira.

Esta fortaleza acolle cada verán e durante os fins de semana de todo o ano unha exposición de artesanía en vivo. Ademais é o escenario de múltiples actividades culturais.

A Asociación AXVALSO organiza cada ano, a principios de verán, un festival folk que acaba de madrugada cun asalto ó Castelo recordando ós irmandiños.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa dos Maios en Pontevedra
1 de maio
Plaza de la Herrería
Feria Medieval Sar No Medievo
14 de maio a 16 de maio
Colexiata de Santa María de Sar
Arde Lucus MMXXI
17 de xuño a 20 de xuño
Varios espazos
Festa do Corpus Christi de Redondela
19 de xuño a 23 de xuño
varios espazos