Evento: Pequefilmes 2021: Marmalad
Pequefilmes 2021: Marmalad
Ás veces, se queres ser un heroe, só tes que voar. Animación innovadora de bordado a man.
Este ano por primeira vez, o festival poderá verse tamén a través da rede, accedendo ás diferentes sesións a través da plataforma tv. Festhome. Para facelo, simplemente deberás crear o teu usuario e contrasinal e comprar a entrada para a sesión que prefiras, ou o abono para o festival completo, a un prezo reducido. O programa de Pequefilmes 2021 ofrece unha emocionante e amplísima antoloxía das mellores producións internacionais actuais para a cativada, todas elas estreadas nos dous últimos anos e moitas premiadas ou seleccionadas nos festivais de cinema infantil, xuvenil e de animación máis importantes do mundo (como Annecy, Clermont- Ferrand, Chicago ICFF, Animamundi, Animafest ou Dresdner Kinderfilfest). Recolle o máis destacado da produción internacional actual dedicada ao público infantil e xuvenil, consolidándose como unha oportunidade para ver pezas audiovisuais de gran calidade que adoitan quedar fóra dos circuítos de exhibición máis convencionais. A continuación podes ver o programa das oito sesións que compoñen esta quinta edición do festival, e comprar entrada para a que prefiras.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual