Evento: Curva España

Curva España
sábado, 22 maio, 2021 - 21:00
Auditorio Municipal,
Cangas
Espectáculo a cargo de Chévere

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leti Blanco

A historia da curva na que se matou España.

Nos últimos anos Chévere realizou unha serie de traballos que exploraron as posibilidades do teatro-documento e a memoria colectiva como desencadeantes dunha ficción teatral. Este proxecto é un paso máis para afondar nos mecanismos narrativos que xorden na fronteira entre a realidade e a ficción, entre ahistoria e a lenda, entre apantalla e o escenario.

Coma outras veces, partimos dunha historia moi local que se foi transmitindo oralmente de xeración en xeración entre a xente da comarca de Verín (Ourense) durante os últimos cen anos.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou. Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

#chévere #cinescénico #documental #alegórico

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

... É meu amigo
16 de abril, 19:00
Auditorio Municipal de Cedeira - Cedeira - A Coruña
Noso
18 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Cores Contos e Rock´n´Roll coa Ramona Pequena
19 de abril, 19:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Hasta que la muerte nos separe
19 de abril, 20:00
Teatro Principal de Ourense - Ourense - Ourense