Evento: Ucronías, utopías, distopías
Ucronías, utopías, distopías
A Asociación Internacional de Estudos Galegos e o Centro de Estudos Galegos de Varsovia, xunto con outras entidades, organizan este congreso virtual arredor dos pasados alternativos, presentes paralelos e futuros imaxinarios que conforman xéneros narrativos puxantes nos comezos do século XXI.
O congreso reunirá especialistas de diversas disciplinas e aqueles que poñen a imaxe e a banda sonora neste tipo de xéneros: artistas e músicos na vangarda da tecnoloxía e a experimentación.
Un dos fíos condutores do congreso será conexión entre a utopía (ou distopía) e as dicotomías rural vs urbano ou tradicional vs hibridación, tan presentes entre as culturas que, como a catalá, a vasca, a galega ou a mirandesa sufriron unha forte discriminación e aferráronse con forza a identidades esencializadas. Identidades que afrontan o seu propio proceso ante todo o que a modernidade promete achegar.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso