Evento: Visitas didácticas en liña: As miradas de Isaac
Visitas didácticas en liña: As miradas de Isaac
Neste curso atípico, o Museo Centro Gaiás proponse continuar a ser nunha ferramenta educativa de primeira orde levando as súas exposicións ao corazón dos centros de ensino grazas ao emprego das novas tecnoloxías. Convértese así no primeiro museo de Galicia en ofrecer a docentes e estudantado visitas didácticas en liña nas que, a través de videoconferencia, poderán coñecer contidos culturais de gran potencial didáctico e tirar o máximo proveito dos recursos que o Gaiás facilita á comunidade educativa.
Este novo programa oferta así unha alternativa ás visitas escolares que o complexo e exposicións da Cidade da Cultura viñan acollendo cada ano ao longo do curso escolar, e que as medidas para frear o avance da pandemia da covid-19 impiden que se desenvolva do xeito habitual. Tras a boa acollida das visitas en liña a Galicia, de Nós a nós, o Museo Centreo Gaiás quere seguir achegando de xeito telematico as súas exposición á comunidade educativa. Desta volta achegamos As miradas de Isaac que repasa a vida e os feitos do extraordinario creador compostelán.
Estas visitas en liña permitirán o coñecemento polo miúdo das distintas pezas e relatos que se abordan sobre este referente da cultura galega do século XX de grande interese para os centros de ensino, así como a interacción directa de estudantes e docentes cos guías do Museo.
Deste xeito, os rapaces e rapazas van afondar da man dos nosos guías un personaxe irrepetible, quen abordou múltiples disciplinas, tanto as relativas ao mundo da arte, como ás do intelecto, ás técnicas ou ás industriais e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Nestas visitas en liña van coñecer o seu polifacético universo (ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario...) nun percorrido entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións distribuídos en dez seccións.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro