Evento: Strela do día
Strela do día
EXCENTRICAS lanza un novo espectáculo para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo. STRELA DO DÍA virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de santa María aplicados aos problemas actuais (asombrosamente parecidos aos daquel século XIII). Voltarán a desfilar diante dosnosos ollos, neste retábulo do século XX, os soldados que foxen da guerra, a mociña obrigada a casar con quen non quere, os que expulsados dos seus lares son amoreados como gado, os presos por roubar comida, a monxa que foxe do convento, o que cansado deste mundo, quere vivir noutro sen morrer, o que perde unha pelota e daría o que ten para seguir xogando, a que foxe da manda de brutos que a acosan, os que perden a compaña do animal que preferen calquera humano, a que procura a curación da enfermidade mortal... Dramas resolvidos pola intervención milagreira de María con aparicións dignas da mellor vedette de varietés.
Dirección: Marcos PTT Carballido
Elenco:Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira, Rocio González e Evaristo Calvo