Evento: Ikigai
Ikigai
A biblioteca cede o espazo a Talentum Youth, proxecto da Fundación FASE que levará a cabo este taller baseándose no método xaponés do Ikigai (vida con propósito): o Ikigai é o punto onde conflúe o teu talento, a túa paixón , a túa profesión e a túa achega ao mundo; explicarán e reflexionarán sobre o seu Ikigai. A continuación tres novos" talentos": un mago, Quique Pastur, un cantautor e unha deseñadora de moda galega, farán unha demostración do seu talento e logo transmitirán a súa experiencia vital dunha forma próxima e accesible para facilitar o intercambio de coñecementos.
No salón de actos. As persoas interesadas poden retirar o convite no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.
Máis eventos de tipo Obradoiro