Evento: Celestina la TragiCLOWNmedia

Celestina la TragiCLOWNmedia
venres, 26 marzo, 2021 - 20:30
Auditorio Municipal,
Vigo

Celestina la TragiCLOWNmedia

Esoectáculo de novo circo a cargo da compañía La Escalera de Tijera

Unha proposta escénica de circo, teatro e clow engarza o destino de Calisto e Melibea.

A desigualdade de clases, personificada na corrompida lealdade dos criados e unha Celstina proxeneta que utiliza a desventura e o sufrimento dos amos para enriquecerse, encarna a conflitiva sociedade do século XV.

Nunha sorte de acrobacias, malabares e expresión corporal, La Escalera de Tijera a ritmo de comedia un dos grandes clásicos da literatura española. Un espectáculo tragiclow-mico que mostra as altas e baixas emocións dos seres humanos ao fío da música que marcan os corazóns dos nosos personaxes.

 

La escalera de tijera 

A Compañía de Circo-Teatro , tras o seu comezo en 2007 como grupo  amateur, consolídase de forma profesional en 2010 cunha marca de identidade propia que parte dunha revisión fresca e dinámica dos conceptos clásicos do circo fusionados co teatro,sacou adiante, entre outros, espectáculos como:

    O Último reto, obra multidisciplinar con números de circo clown
    O Circo das Ciencias, proposta teatral na que se achega a ciencia e o interese pola mesma, tanto ao público infantil como ao público en xeral.
    Ratos, obra  gestual onde se traballan valores como a aceptación do outro e o dialogo para a convivencia, onde a dirección, banda sonora orixinal, iluminación, vestiario, escenografía e caracterización marcan tanto a identidade como a  linea coidada que busca a compañía .
    Deuses e Monstros, pasarúas  coproducido co Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida, onde a imaxinación desbordante se  fúsiona con  números de circo clásico.

  •  

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Petit Cabaré Pistacatro
20 de abril, 18:00
Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
O dragón de ouro
20 de abril, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
O auto do Castromil
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
La punta de mi nariz
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra