Evento: Bravas

Bravas
sábado, 27 marzo, 2021 - 20:30
Auditorio Gabriel García Márquez
, Oleiros
Espectáculo de Isabel Risco

Isabel Risco protagoniza Bravas, o seu segundo espectáculo unipersoal, no que nos ofrece a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, agochada e invisibilizada. 

Bravas é unha produción teatral sobre mulleres sen medo, mulleres que paren, amamantan, manteñen, constrúen cós alicerces da rebeldía, da rebelión, da ilusión, do inconformismo, da valentía, da xustiza social, da empatía, da humanidade.

Isabel Risco proponnos un xogo desde o teatro cómico e comprometido. Alegre e combativa, porque entende que se non podemos bailar, se non é divertíndonos, tampouco é a nosa revolución. Así, con este espectáculo pretende ademais reivindicar o humor das mulleres, que ofrece unha perspectiva única, plural, diversa, poliédrica e tan necesaria da realidade.

Bravas fai un repaso histórico pola nosa era, desde a época castrexa ata o século XXIII. Unha viaxe no tempo con paradas en diversas estacións, reparando nas pequenas e grandes historias protagonizadas polas nosas mulleres. Isabel Risco ponse na pel dunha muller do rural galego de finais do século XXVII, dunha muller en loita en plena revolución industrial, dunha rapaza que descobre o mundo nos anos 60, ... Mulleres do noso pasado, do noso presente e, tamén, do noso futuro. E todo isto pasado polo filtro, sempre aloucado, sempre cómico, sempre sorprendente desta actriz sen igual.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

SEMENTE. O home que plantaba árbores
18 de abril, 12:00
Sala Principal - Auditorio municipal
Onde viven os monstros
18 de abril, 12:30
Auditorio municipal
Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos!
18 de abril, 17:00
Centro Cultural Avenida
Onde viven os monstros
18 de abril, 18:00
Auditorio municipal