Evento: A loita por un río
A loita por un río
Comezaremos no Centro de Cestería no Rato, e coñeceremos algunhas das carballeiras e camiños tradicionais que aínda se manteñen na cidade, pero que obras, como a construción da Ronda Leste ou o proxecto de ADIF de eliminar os pasos a nivel poden destruílos. Chegaremos ao núcleo de Bosende e dende alí baixaremos novamente ata o Rato, ata a súa confluencia co Miño.
Xa no paseo do río Miño, faremos unha revisión das obras que o Concello de Lugo pretende como son a praia fluvial, as piscinas de auga quente exteriores, as Saamasas, ou a actual situación da fábrica da luz. Finalizaremos o roteiro no parque do Miño, na altura do Pazo de Feiras e Exposicións.
Para previr a propagación da COVID-19 limitarase as prazas a 12 persoas (faranse dous grupos de 6) e será necesario manter a distancia de seguridade de 1,5m (en todas as direccións) cas persoas non convivintes. O uso de máscara é obrigatoria durante toda a xornada.
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro