Evento: 32 m2

32 m2
xoves, 20 maio, 2021 - 20:30
Auditorio Municipal-Pazo de Congresos de Ourense,
Ourense
Espectáculo da compañía ButacaZero

Dirección

XAVIER CASTIÑEIRA + ESTHER F. CARRODEGUAS

Elenco

LAURA VILLAVERDE

XURXO CORTÁZAR

 

 

Xan e Mar fican confinados no seu pequeno apartamento por mor dun  virus. Estantes cheos de comida, cervexa e papel hixiénico. E todo parece un xogo. Quita o sofá para poñer a cama. Quita a cama para poñer a cea. Saca medio corpo polo ventanuco para pillar a wifi da veciñas… E escoitar, ás 20h, os aplausos nos balcóns de quen os ten.

Xan e Mar pasan os días ordenando, e limpando. Fan exercicio na bicicleta estática que ninguén recordaba ter. E volta a limpar, e a ordenar compulsivamente. Ioga, pilates, abdominais nese intento por acalmar a incredulidade, a incerteza, a indefensión, o medo (o terror). E atopar -entre crise e crise- cousas boas e fermosas: a felicidade das pequenas cousas que non adoita aparecer no estrés da xa vella normalidade.

O caso é que pouco a pouco imos vendo como esta felicidade agocha moita merda debaixo das alfombras. Unha merda que, coma o virus, comeza a expandirse. Non hai traballo, e sen el non hai cartos, e sen cartos non hai comida, nin cervexa nin papel hixiénico. Por se fose pouco as veciñas cortaron o internet.

E daquela, soa o teléfono. O de sempre. O de antes. O antigo. O que xa ninguén recordaba ter. Como a bicicleta estática. Como a vella normalidade. Unha voz informa a Mar dunha nova arrepiante. Unha nova que o vai cambiar absolutamente todo: a nai de Mar acaba de morrer nunha residencia. Pero, a nai de Mar estaba viva? Ah si! É que en realidade, ninguén se acordaba xa dela. Como da bicicleta estática. Como do teléfono vermello que agora queima na propia man.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Petit Cabaré Pistacatro
20 de abril, 18:00
Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
O dragón de ouro
20 de abril, 20:00
Pazo da Cultura - Narón - A Coruña
O auto do Castromil
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra
La punta de mi nariz
20 de abril, 20:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra