Evento: O mozo da última fila

O mozo da última fila
sábado, 16 outubro, 2021 - 20:00
Auditorio Municipal de Cangas,
Cangas

O mozo da última fila

Espectáculo de teatro.

Claudio é un estudante de secundaria que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase fáiselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir dese intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre converterase nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea. Un xogo que se disputa en dous taboleiros: o da vida e o da literatura.

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Al natural
25 de febreiro a 31 de decembro
Playa de Cesantes
O chineiro da tía María
20 de novembro a 3 de decembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Espectáculo "As andainas dos Monifates e don Gaiferos"
3 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Sergio Pazos: Contaxiandonos de humor
3 de decembro
Concello de Poio