Evento: Premios María Josefa Wonenburger Planells 2020

Premios María Josefa Wonenburger Planells 2020
luns, 28 decembro, 2020 - 20:00
Museo Centro Gaiás,
Santiago de Compostela

Premios María Josefa Wonenburger Planells 2020

Gala de entrega de premios.

O Goberno galego quere recoñecer as mulleres científicas de Galicia, que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras. Así, con estes galardóns, outorgados anualmente pola Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia, preténdese visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía.

O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

Dende a creación do Premio foron merecedoras deste recoñecemento mulleres que dedican a súa vida profesional a algún campo específico da ciencia ou da tecnoloxía, e así coa visibilización a través desta exposición da súa actividade e do seu triunfo, podemos lograr afianzar a idea de que muller e ciencia non só son compatibles senón que son unha combinación gañadora.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello