Evento: Tiruleque en concerto
Tiruleque en concerto
Tiruleque presenta en “Outro que tal baila”, o seu terceiro traballo discográfico, un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. O título do álbum significa unha auténtica declaración de intencións, xa que define perfectamente o espírito deste grupo que, disco tras disco, busca promover música bailable con pura raíz galega.
TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como o Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Pardiñas ou Beltaine-Avilés Intercélticu. Tamén participou representando a Galicia no 41º Festival Intercéltico de Lorient .Ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Susana Seivane, Treixadura, Quempallou ou Kepa Junkera, entre outros.
En 2009 e 2013 TIRULEQUE publica os seus dous traballos discográficos ("Tiruleque" e "Mu!!"), autoproducidos polo propio grupo e en 2018 "Outro que tal Baila". Nun increible directo interpretan unha escolma das mellores pezas da sua Triloxía.
Veñen de representar a Galicia no FEstival Intercéltico de Lorient 2019 con grande éxito de crítica e público
Actualmente o grupo está formado por Antón Bueno (contrabaixo e coros), Álex Fente (acordeón e coros), Jose A.Vázquez (gaitas, saxo, coros), Serxo Núñez (clarinete, gaita, voz) , Fernando Román (saxo, clarinete e coros), Miguel Horjales (caixa, percusións e coros) e Luis García (bombo con pratos, percusións e coros).
Máis eventos de tipo Concerto