Evento: O Randiña

O Randiña
sábado, 5 decembro, 2020 - 17:00
Local da Asociación Nas Negradas do Vicedo,
Lugo

O Randiña

Espectáculo de teatro.

Arrincou o Circuíto de Teatro Afeccionado da área de Cultura, que programa máis de corenta actuacións pola xeografía da provincia desde esta fin de semana ata final de ano.

Quince compañías participan nesta iniciativa que dá pulo ao teatro amador nun ano condicionado pola incidencia da crise sanitaria nas programacións culturais, especialmente no ámbito das artes escénicas. Alentía Teatro, Nova Escena Teatro, Os Palimoquiños, Curuxán Teatro Impro, Hipócrita Teatro, Os Baluros, Os Trocos, A Adala, A Mariña, Asociación Cultural Abrente, Grupo de Teatro Viraventos, Teatreiras, Lume Escénico, O Torques e Pico do Castro representarán os seus espectáculos nunha vintena de municipios.

A programación, organizada en colaboración cos concellos e coas asociacións culturais que facilitan os espazos para as representacións, inclúe pezas para todos os públicos e con distintos rexistros, desde o drama ata a comedia.

O Circuíto de Teatro Afeccionado artellouse neste 2020 para dar continuidade á actividade do Buxiganga, unha convocatoria que non puido repetirse este ano polas dificultades que a situación sanitaria creaba á hora de concretar datas e horarios coa antelación que requería o procedemento habitual.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Unha de piratas
22 de abril
Biblioteca Central Emilia Pardo Bazán
Cueiros de cores
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Ponteceso
Ondamini con Mamá Cabra
23 de abril
Biblioteca Pública Municipal das Pontes de García Rodríguez
O traxe novo do rei
24 de abril
Biblioteca Pública Municipal de Baiona