Evento: Akira
Akira
Ano 2019. Neo-Tokyo é unha cidade construída sobre as ruínas da antiga capital xaponesa derruída tras a Terceira Guerra Mundial. Xapón é un país ao borde do colapso que sofre continuas crises políticas. En secreto, un equipo de científicos retomou por orde do exército un experimento para atopar a individuos que poidan controlar a arma definitiva: unha forza denominada "a enerxía absoluta". Pero os habitantes de Neo- Tokyo teñen outras cousas das que preocuparse. Un deles é Kaneda, o líder dunha banda de motoristas. Durante unha pelexa, o seu mellor amigo, sofre un estraño accidente e acaba ingresado nunhas instalacións militares. Aló os científicos descobren que é o posuidor da enerxía absoluta. Pero Tetsuo, que non acepta pasar a ser un coello de indias, axiña se converterá na ameaza máis grande do mundo coñecido.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual