Evento: Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'

Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'
luns, 30 novembro, 2020 a xoves, 3 decembro, 2020
Evento online,
A Coruña

Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador'

Celebrarase, por primeira vez, en liña a través da plataforma Webex e emitirase en aberto por Youtube

O Obradoiro Internacional de Tradución Poética 'Con barqueira e remador' celebrarase a partir do 30 de novembro e durante unha semana a súa novena edición nun formato totalmente en liña. Baixo a dirección da poeta Yolanda Castaño, esta programación desenvolverase, por primeira vez, mediante a plataforma webex e emitirase na canle de Youtube da Consellería de Cultura da Xunta. Realizarase un recital en streaming o 3 de decembro ás 17,00 horas.

Nesta novena edición participarán poetas en seis linguas, en concreto Lara Dopazo (galego), Laia Malo (catalán), Grazyna Wojcieszko (polaco), Laura Accerboni (italiano), Zhou Zan (chinés) e Barbara Pogačnik (esloveno).

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade apoia desde o seu nacemento o Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador, un evento xa consolidado na programación cultural galega e que nas súas últimas edicións se viña desenvolvendo na Illa de San Simón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

PINTURA SOBRE SEDA
19 de abril
Museo de Belas Artes
Escola de escribas
19 de abril
Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega)
Escape Room: Os misterios da biblioteca
19 de abril
Biblioteca Pública Municipal Miguel González Garcés
Obradoiro de creación de libros pai-pai
19 de abril
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola