Evento: Investigación e a innovación en didácticas específicas

Investigación e a innovación en didácticas específicas
xoves, 26 novembro, 2020 - 16:00
Evento online
, Vigo

Investigación e a innovación en didácticas específicas

Ciclo de conferencias que organiza a Universidade de Vigo

Os camiños da investigación e a innovación educativa centran un ciclo de conferencias que organiza a Universidade de Vigo. Dirixido a proporcionar unha especialización nestes dous ámbitos tanto a graduados e graduadas como a profesionais da docencia, este mestrado promove por primeira vez un ciclo de conferencias dirixido a presentar “experiencias concretas de innovación e investigación relacionadas coas súas temáticas”.

26 de novembro:

16:00 a 19:00 h. Conferencia que xa formou parte das actividades do mestrado en cursos previos, un relatorio centrado "nun aspecto fundamental, como é a busca de recursos e de información", a cargo de Marta Gutiérrez, subdirectora da Biblioteca Central do Campus.