Evento: Peza do mes: Visión da xeración Nós nas ciencias naturais

  • Portada da publicación da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
  • Detalle da obra protagonista da Peza do Mes de novembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Visión da xeración Nós nas ciencias naturais
domingo, 1 novembro, 2020 a luns, 30 novembro, 2020
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
, Ourense

Peza do mes: Visión da xeración Nós nas ciencias naturais

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes ao fondo do Museo

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

Na conmemoración do centenario da publicación en Ourense da revista Nós, o 30 de outubro de 1920, o Museo quere lembrar así a inesquecible pegada que para a nosa terra, lingua, sociedade e cultura supuxo o traballo desenvolvido polos integrantes da Xeración Nós. Entre todos eles, tres ourensáns, Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas.

Nesta ocasión, faise un repaso do contido desta publicación dende un punto de vista pouco visible, os artigos sobre as ciencias naturais.

Case todos os números centran o seu interese en aspectos de arqueoloxía, prehistoria, etnografía, heráldica, lingüística, etc., e son contados os traballos dedicados ás ciencias naturais.

Con todo, hai persoas afíns á xeración «Nós», alleos ao núcleo fundacional, pero pertencentes a institucións moi ligadas a ela, que cultivaron facetas variadas sobre o medio natural. Neste mes, faise unha escolma dos autores e temas que se trataron.

Habitualmente faise unha presentación pública na que unha persoa especialista ou investigadora da a coñecer a historia particular, o contexto histórico e as características formais e de estilo da peza ou obra escollida. Por mor las circunstancias excepcionais que estamos a vivir, e aínda que a sala de exposicións Escolma de Escultura está aberta ao público, seguindo as indicacións das autoridades sanitarias en relación co Covid-19, non se fará presentación pública. Non obstante, a publicación virtual sobre esta obra está dispoñible en PDF neste enlace do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre o contexto histórico e o contido desta obra, a cargo, neste caso, de Vicente Rodríguez Gracia.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Isto é pop
5 de decembro
Centro Ágora
Invisibles
5 de decembro
Centro Sociocultural
Invisibles
12 de decembro
Centro Sociocultural
Charlas explicativas Vestir épocas
Charlas explicativas da exposición Vestir épocas 1860-1960
7 de novembro a 14 de marzo
Museo de Belas Artes