Evento: Trío Voluntas

Trío Voluntas
xoves, 22 outubro, 2020 - 20:00
Auditorio Martín Códax
, Vigo

Trío Voluntas

Actividade dentro do Festival Nas Ondas.

A primeira obra é un exemplo da relación entre Anton Stadler e Mozart, que tamén se pode apreciar ao longo de toda a súa obra camerística, solista, operística e tamén da orquestal. Este trío, composto o 5 de agosto de 1786, é anotado polo compositor no seu catálogo como Ein Terzett für Klavier, Clarinett und Viola. A tonalidade Elixida é a que Mozart emprega nos seus últimos traballos camerísticos para indicar unha estreita relación de amizade e suxire posiblemente a condición de irmáns da misma loxia masónica. Toma erróneamente o sobrenombre de Kegelstatt a partires dunha anotación manuscrita no autógrafo dos 12 Dúos para Trompa KV. 487 compostos pouco tempo antes, na que di o seguinte: “Vienna, 27 de xullo de 1786, compostos mentras xogo aos bolos”.

O sobrenome engadido dende as primeiras edicións, non se basea polo tanto en ningunha evidencia escrita. En cambio si sabemos que foi adicada a Franziska Jacquin –alumna de Mozart– quen estreou a obra xunto a Mozart e Stadler na súa propia casa. No 1788 é publicada por Artaria como Trio per clavicembalo o fortepiano con accompagnamento d´un violino e viola … si può eseguire anche con un clarinetto, esta é a razón pola que se interpreta con diversas configuracións instrumentais como é o caso deste concerto.

Máis eventos de tipo Concerto

Abono Festival Elas Son Artistas
3 de xullo a 11 de decembro
Varios Recintos
Cancións da nosa vida
19 de outubro a 14 de decembro
Sede Afundación A Coruña
Concertos de outono no Museo de Belas Artes da Coruña. Obra representada: Antonio Lago Rivera, Parque zoológico. 1950, óleo/lenzo, depósito MNCARS
XXII Ciclo Concertos de Outono
6 de novembro a 13 de decembro
Museo de Belas Artes