Evento: No hay trabajo para un payaso viejo
No hay trabajo para un payaso viejo
Autor: Matei Visniec
Director: Carlos Alvarez-Ossorio
Elenco:
Alfonso Hierro-Delgado
Paco Luna
Carlos Alvarez-Ossorio
Hai pouco, podía lerse nun xornal un artigo no que se dicía que hoxe en día, en España, se é vello, laboralmente falando, aos corenta anos. A nosa acción ten lugar nunha sala de espera á que, a xeito de limbo lynchiano, van parar eses parados maiores de corenta anos.
Tomando como base unha comedia negra e ácida do autor romanésMatei Visniec, falamos da decadencia de tres pallasos, que nos serve de espello da sociedade na que vivimos actualmente. O fracaso, a humillación, o lugar que ocupan na nosa sociedade os inútiles, os que xa non serven para nada, os que ninguén quere, os refugallos sociais... o que un está disposto a facer por un posto de traballo, a fame, a necesidade de sobrevivir... Todo isto aflora nesta comedia descarnada con tinguiduras de traxedia na que tres pallasos se reencontran nunha sala de espera á que acudiron chamados pola promesa da que pode ser a súa última oportunidade de conseguir un contrato, e polo que terán que pelexar, mostrando ata onde están dispostos a chegar, por enriba da amizade, a dignidade e a moral...
Escollemos este texto de Visniec porque nos sentimos identificados en moitos aspectos con eses tres pallasos vellos, fracasados e esquecidos. Tras trece anos sen traballar xuntos, reencontrámonos tres dos membros fundadores de Cámara Negra, traendo connosco toda a bagaxe que acumulamos por separado nestes anos. Así, usamos estes pallasos para exorcizar os nosos fantasmas, os nosos fracasos e os nosos éxitos, os nosos cariños e os nosos rancores...
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios
