Evento: O que levamos nas maletas
O que levamos nas maletas
Magín Blanco, o coñecido cantante de música infantil que xa ten participado con éxito no FalaRedes con A nena e o grilo, A nena e o grilo nun barquiño ou A nena e o grilo máis aló, volve ao noso programa de dinamización lingüística cun percorrido musical e lúdico para nenos e nenas a partir dos 3 anos centrado nas súas últimas cancións.
Ao longo do concerto, das maletas do músico irán xurdindo obxectos (monicreques, monecos, ferramentas, instrumentos de percusión…) que introducirán cada peza e convidarán a cativada a participar. Dende as cancións "O meu país" ou "Aquí estamos", onde se presenta a realidade como parte dun conto, ata "O hipnotizador" ou " Os esqueletos", máis oníricas e circenses, vanse sucedendo escenas que convidan a percibir o mundo como un universo máxico cheo de sensacións amables coas que gozar da música en familia.
Máis eventos de tipo Concerto