Evento: Xan Perillán

Xan Perillán
sábado, 24 outubro, 2020 - 18:00
Edificio de Usos Múltiples,
Coristanco

Xan Perillán

A compañía de monicreques Kukas chega ao FalaRedes 2021 con tres pezas arredor do personaxe Xan Perillán.

O espectáculo chega da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 e os tres escritos están protagonizados por Marcelino de Santiago, que fará as delicias dos máis pequenos en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.

Xan Perillán na biblioteca máxica

Orixinal recital dramatizado que a través de recursos como a pintura en directo e a posta en escena con obxectos e marionetas presenta varios poemas do libro De trebellos, perellos e fedellos do que o propio Marcelino de Santiago é autor e ilustrador. Está dirixido a público infantil de 3 a 8 anos de idade.

Xan Perillán compra queixo, compra pan

Espectáculo que mestura o pallaso e a pantomima cos monicreques e a maxia compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respectuosos co medio natural e coa ecoloxía. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Xan Perillán e a maleta máxica

Espectáculo para todos os públicos que mestura o pallaso e a pantomima coa maxia e a manipulación de monicreques.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

'Made in Galiza' de Séchu Sende
26 de abril, 20:30
Auditorio Afonso Eanes - Negreira - A Coruña
'Made in Galiza' de Séchu Sende
10 de maio, 12:30
Auditorio Casa da Cultura - Padrón - A Coruña
'Indóciles', de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.
10 de maio, 20:15
Multiúsos de Monforte - Monforte de Lemos - Lugo
'Indóciles', de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut.
11 de maio, 20:30
Auditorio da Illa de Arousa - A Illa de Arousa - Pontevedra