Evento: Roque Roquiño descobre o Camiño

Roque Roquiño descobre o Camiño
sábado, 31 outubro, 2020 - 12:00
Fundación Eduardo Pondal
, Ponteceso

Roque Roquiño descobre o Camiño

Despois do éxito de Mai Mai, Baobab Teatro volve ao FalaRedes da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021.

Un espectáculo teatral, de contos e de títeres, dirixido a público infantil (nenos e nenas de 1 a 8 anos) e protagonizado polo muppet Roque e a actriz Andrea Bayer.

Andrea acaba de facer o Camiño de Santiago e está emocionada con toda a xente que coñeceu e o moito que lle aprendeu: xogos de mans, cantigas, poemas... e contos, moitos contos e historias que se contan no Camiño e que Andrea vén disposta a compartir con Roque.

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Outono é diversión
5 de decembro, 18:00
Aula Laxeiro da Fundación Paco Lareo (Reservas: 986586006)
Os Bolechas e a Porta dos Camiños
5 de decembro, 18:00
Auditorio da Casa de Rosalía
Outono é diversión
6 de decembro, 18:00
Casa da Cultura. Reservas anticipadas: 981505003 / reservasculturais@concellodemelide.gal)
Monstros no Camiño
8 de decembro, 17:00
Claustro do mosteiro