Evento: Idiota
Idiota
Idiota
Machi Salgado premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Teatro Galego do Carballiño.
Un home preséntase a unhas probas psicolóxicas remuneradas. O que pensa que será unha maneira sinxela de conseguir os cartos que precisa para resolver os seus problemas económicos converterase nunha auténtica trampa. Unha atractiva psicóloga formularalle preguntas e enigmas que o porán nervioso obrigándoo a sacar o mellor del para evitar un fatal desenlace.
Esta comedia negra, escrita maxistralmente por Jordi Casanovas, fai unha apoloxía ás incomensurables dimensións da estupidez humana. Protagonizada por Machi Salgado e Susana Sampedro baixo a dirección de Alex Sampayo.
Ligazóns



