Evento: Mulleres revolucionarias: Concepción Arenal (1820-1893)
Mulleres revolucionarias: Concepción Arenal (1820-1893)
Este ano conmemórase o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, e a Biblioteca de Galicia quere rendirlle unha homenaxe coa realización dun obradoiro co que se quere por en valor a esta escritora e socióloga galega que, nos seus escritos, sentou as bases do fiminismo de hoxe.
Este obradoiro para rapazas e rapaces de primaria pretende afondar na biografía desta gran muller mediante unha actividade lúdica que permita a reflexión e a creación plástica.
Unha breve exposición teórica dará paso a un debate no que os/as participantes afondarán no que significa a igualdade entre homes e mulleres. Dun xeito gráfico resaltaranse os feitos máis importantes da súa traxectoria: os seus estudos na universidade, e o seu traballo nos cárceresde mulleres...
Máis eventos de tipo Obradoiro