Evento: Obradoiro de novela da Cidade da Cultura: Os xéneros
Obradoiro de novela da Cidade da Cultura: Os xéneros
Miguel Anxo Fernández. Escritor. Autor das sete novelas da saga do detective Frank Soutelo, e de obras como Blues para Moraima ou O espido de Gina. Premio Blanco Amor. Premio García Barros. Premio da Cultura Galega de Creación Audiovisual da Xunta de Galicia.
Escribir é arte e tamén oficio. Require de vontade e de talento, pero tamén de ferramentas que poden ser aprendidas. Enfrontarse á páxina en branco –ou hoxe en día máis ben á pantalla– énchenos de preguntas: como creo personaxes interesantes? Desde que punto de vista conto a miña historia? Estou sendo artificioso nos diálogos? Aburrirei o lector/lectora? Que fago coa novela cando estea rematada?
Tras o éxito da primeira edición do Obradoiro de Novela da Cidade da Cultura (no que se cubriron todas as prazas en cinco días) reeditamos a experiencia cunha nova actividade formativa que se prolongará arredor de catro meses.
Neste curso aprenderedes a dar resposta a todas estas cuestións da man de escritores e escritoras galegas de éxito e co apoio dunha axencia literaria profesional, Rolling Words, que brindará a súa experiencia no mundo da edición.
O obradoiro estrutúrase en dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá en 9 clases maxistrais que teñen lugar os venres. As clases comezaron o 6 de marzo e, tras verse na obriga da súa suspensión pola covid-19, retómanse do 4 de setembro ao 23 de outubro, de 17:00 a 19:30 horas na Biblioteca e Arquivo de Galicia. Cada unha porá o foco nun aspecto concreto da creación literaria e será impartida por autores e autoras especialistas no tema.
Máis eventos de tipo Obradoiro