Evento: Feminíssimas

Feminíssimas
sábado, 27 marzo, 2021 - 20:00
Auditorio Municipal
, Vilagarcía de Arousa
Novo espectáculo de De Ste Xeito Producións

Elenco: Stephy Llaryora (Ruka), Esther F. Carrodeguas (Gabi) e Noelia Blanco (Bea).

Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres maneiras ben distintas de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.

Esta é a base de Feminíssimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.

Unha maneira –tamén- de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incongurencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria.

Un espazo –ademáis- para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

En resumo: unha comedia negra… moi violeta.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

SEMENTE. O home que plantaba árbores
18 de abril, 12:00
Sala Principal - Auditorio municipal
Onde viven os monstros
18 de abril, 12:30
Auditorio municipal
Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos!
18 de abril, 17:00
Centro Cultural Avenida
Onde viven os monstros
18 de abril, 18:00
Auditorio municipal