Evento: O mar nas coleccions de ABANCA e Afundación
O mar nas coleccions de ABANCA e Afundación
A exposición virtual, integrada por un total de 50 obras de 27 autores, que forman parte das Coleccións de Arte de ABANCA e Afundación, ten como eixo central o mar e os océanos desde diferentes perspectivas, segundo a interpretación que realizan cada un dos artistas da mostra, para os que foron fonte de inspiración e, en moitos casos, de reivindicación.
A mostra convida, así mesmo, a reflexionar sobre a importancia do medio mariño e a necesidade de preservar os seus recursos.
Francisco Leiro, Pamen Pereira, Dei Cavalcanti, Mario Granell, Joaquín Sorolla, Maruja Mallo, Urbano Lugrís, Tino Grandío e Miquel Barceló son algúns dos artistas que se representan nesta exposición. Unha experiencia excepcional para gozar da arte dunha forma nova.
Máis eventos de tipo Exposición