Evento: Rosalía
Rosalía
O espectáculo trasladanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.
María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas.
Ao outro lado a súa boa amiga Eduarda cántalle medio tristeira medio burleira:
Ritamá, Ritasá, Ritatá!
Sae xa!
Rosatí, Rosamá, Rosaví!
Sae de aí!,
Que a poderá convencer para que abra a porta e se comporte como unha señorita ben educada? E no caso de facelo, que cousas poderá levar desta vida que é a que coñece ata o de hoxe?
Elenco: Rocío Diéguez e Cristina Collazo
Máis eventos de tipo Espectáculo