Evento: La Habitación Vudú
La Habitación Vudú
Falar dos irmáns Freiria, Xusto e Jose, é falar de música. Os seus inicios remóntanse á súa mocidade, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo e coa chegada de Rubén, un amigo baixista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.
É cando chega David, con ideas diferentes, que unidas á base establecida do grupo, dá unha identidade a Habitación Vudú, como estiveran buscando durante tempo.
Digamos que o camiño real atópase, cando percorriches outros moitos que non tiñan saída.
É na primavera de 2014 cando se poñen ás ordes de Gonso e Anxo Bautista. No seu estudo Villa Angelina de Vigo, durante unhas xornadas de duro traballo, gravan os seus dous primeiros temas.
O verán de 2014 foi un dos máis movidos da banda por varias razóns. Por unha banda os concertos que se suceden por varios locais e festivais da provincia de Ourense. Por outro, despois de inscribirse no concurso para bandas noveis do Festival da Luz de Boimorto(A Coruña), conseguen coarse na final do mesmo.
Con este movemento o grupo consegue un recoñecemento que para a súa curta vida como banda estable, non está nada mal.
Empezan 2015 cunha idea na súa cabeza, editar o seu primeiro EP. Póñense a traballar niso e a darlle forma a novas cancións e ao proxecto, mentres seguen facendo concertos que consolidan a traxectoria de Habitación Vudú.
É neste ano cando un novo membro únese á banda, trátase de Jacobo Rubín. Jacobo é un músico ourensán con longa traxectoria en bandas desta cidade, e que chega a Habitación Vudú para coa súa guitarras e as súas voces, dar unha redondez aos temas que se nota nos directos. Gañando en forza e intensidade. Entre maio e xullo de 2015 gravan o seu primeiro EP Flores Falsas en Estereoarte Estudos de Vigo. Aos mandos da produción está Luís Antelo e contan coa colaboración do recoñecido músico vigués Pablo Novoa en arranxos e gravación dalgunhas das guitarras.
Conseguen financiar a gravación, fabricación e publicación deste EP mediante unha campaña de micromecenado, que superou os 120 mecenas que achegaron ao proxecto.