Evento: SÓ

venres, 14 agosto, 2020 - 19:00
Campo da piscina municipal
, Mesía
Espectáculo a cargo da compañía Xampatito Pato e distribuída por Kandengue Arts

é a traducción ao galego de solo. Esta palabra conecta na nosa cabeza coa tristeza, a morriña, o illamento ... pero  é moito máis que iso. Ten moitas acepcións que hai que unir para entender o concepto deste espectáculo.

Un personaxe  único na súa especie. Un personaxe obsesivo, cuadriculado, meticuloso e excéntrico rodeado dun sinfin de obxectos que se escapan ao seu control e cos que xoga para dar forma ao seu mundo.

Na súa vida nada é o que parece. O seu tempo pasa entre xogos de triperos, pelotas, equilibrios imposibles, caixas dentro doutras caixas, caixas con vida propia, pelotas que rebotan ...
Do caos xorde un universo delirante onde este personaxe inventa a risa, creando unha tolemia cómica e transformándose nun novo ser cunha nova figura.

Elenco: Jesús Velasco Otero

Máis eventos do ciclo Cultura no Camiño

Concerto con Fusión
19 de setembro, 17:00
Lobeira
As Armadanzas na punta do pé
19 de setembro, 17:30
Dolmen de Dombate
Superheroe
19 de setembro, 18:30
Edificio Chamoso Lamas
Carteiro en bicicleta
19 de setembro, 19:00
Dolmen de Dombate